
Imos celebrar o 22 Congreso da nosa Sociedade en Sanxenxo tal e como nos encomendaches, e como ben sabedes este ano impómonos o reto de dar impulso aos programas relacionados coa contorna comunitaria das Persoas Maiores en Galicia e deste xeito que o titulo do mesmo e “Atención Primaria e Atención Comunitaria” vos invitamos a visitar e tramitar as relacións co congreso nesta páxina web, aquí poderás atopar todo tipo de información, será un congreso coa mínima expresión de papel, temos que aproveitar a tecnoloxía e facilitar o seu acceso. Na web do congreso podedes baixar o programa e a folla de inscrición para que xa vaias solicitando axuda aos patrocinadores. Podes enviar as túas comunicacións á mesma.
No congreso de Sanxenxo haberán tamén participación dos Maiores, contacto que dende a SGXX pretendemos ter de forma normalizada. En definitiva, haberán novidades seguindo a traxectoria ascendente da SGXX.
Sanxenxo é o lugar ideal para o noso encontro, e a sede pensamos que reúne condicións ideais para cubrir eses espazos de coñecemento, lecer e comunicación que todo congreso da SGXX ten que integrar.
A responsabilidade aceptada polo Comité Organizador co Dr. Corrochano a cabeza con unha traxectoria de recoñecido prestixio profesional xerontolóxico e humanovan facer deste congreso unha reunión ben proveitosa. Non falles a esta cita, dálle difusión. Até pronto e navega pola páxina que esperamos estea completada totalmente para primeiros de xaneiro 2010, pero boletín, pre-programa e outros apartados están xa á túa disposición.